viernes, febrero 21, 2025
InicioNewsActualidadeA humanización da rúa do Miño en Salvaterra encara a súa última...

A humanización da rúa do Miño en Salvaterra encara a súa última fase

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, veñen de realizar unha visita ao inicio da obra de humanización da rúa Miño, que está a punto de rematar coa mellora das beirarrúas, calzada, rede de saneamento, alumeado público e arboredo.

A representante autonómica destacou que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, rematará o vindeiro mes de marzo a obra “Conexión da ponte internacional coa PO-510 (Salvaterra de Miño)” e afirmou que “está actuación é moi necesaria polo tráfico tan denso, sobre 10.000 vehículos diarios, e que conta cun orzamento de preto de de 500.000 euros, co obxectivo de dispoñer de estradas e rúas máis seguras, accesibles e funcionais neste municipio e así avanzar na ordenación da rede viaria autonómica, que ten a singularidade de canalizar a conexión con Portugal”, sinalou Ana Ortiz.

Pola súa banda, Marta Válcarcel sinalou que “estamos moi contentos co ritmo que leva a obra, xa que se trata dunha reforma moi necesaria para mellorar a mobilidade nunha zona complicada”. A actuación céntrase nun treito de algo máis de 350 metros, o que vai desde a rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura, cun prazo de execución dos traballos de seis meses.

Ana Ortiz sinalou que as obras consisten na pavimentación dos viarios cunha mellora do firme, que inclúe unha capa de regularización; construción das beirarrúas unificando os seus anchos e mellorando e unificando o deseño dos accesos aos garaxes. Ademais, tamén se levará a cabo a construción de sumidoiros e rede de alumeado, así como a sinalización horizontal da estrada e a reposición do arboredo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS