viernes, febrero 21, 2025
InicioO PaísA Coruña"Sen pombas nin flores" é o lema deste ano do Festival Rosalía...

«Sen pombas nin flores» é o lema deste ano do Festival Rosalía de Santiago de Compostela

A Deputación da Coruña organiza o VII Festival Rosalía que este ano ten o lema Sen Pombas nin flores, que se celebrará o fin de semana do 21 ao 23 de febreiro. Nesta actividade colabora o Concello de Santiago de Santiago e a Fundación Rosalía de Castro. Todas as actividades do programa son de balde ata completar aforo.

Deputación da Coruña

A programación

Venres 21

O venres 21 está prevista unha visita guiada para crianzas á Casa Rosalía, en Padrón ás 17:00 horas co presidente da Fundación de Rosalía de Castro, Anxo Angueira. Tamén ofrecen a posibilidade de acudir en autobús de forma gratuíta. Este sairá dende Santiago de Compostela con saída ás 16:30 horas das dársenas do Colexio La Salle.

As prazas son limitadas polo que as inscricións deberán realizarse a través dun formulario. As persoas interesadas deberán reservar as prazas para só visita ou autobús e visita.

Sábado 22

O día seguinte, será a apertura da feira de productos rosalianos e do obradoiro de maquillaxe a partir das 11:00 horas na Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela. Nesta actividade contarán con Acontravento, Árbore Azul, Casperolota Atelier, Coas mans artesanía, Cuire Acuarelas, Egretta Biloba, I3D Deseño galego e Libraría Pedreira. Xa ás 11:30 horas, realizarase o Pasarrúas Rosaliano con Os Quinquilláns. Posteriormente, o obradoiro de regueifa para as familias e mostra de improvisación comenzará arredor das 12:00 horas. Nel contarase co Regueifa Tour e Manolo Maseda e Séchu Sende do Projecto Regueifesta. A sesión Vermú co Coro Encaixe ás 13:45 horas. Entre ás 14:30 horas e ás 16:30 horas será o peche e reapertura da feira.

Pola tarde comezará a presentación do colectivo Somos Pandereteiras ás 17:00 horas. Xa 18:30 horas, iniciase o recital poético no que participarán a poeta Nuria Vil, a escritora galega Andrea Nunes e o presidente da Fundación de Rosalía de Castro, Anxo Angueira. Este último tamén presentará o libro Cantares Miúdos. Xa o final, pecharase a feira ás 20:00 horas. Paralelamente, a esa mesma hora, no teatro principal haberá un concerto chamado Tres Pesos.

Domingo 23

O terceiro día e definitivo, na Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela ás 13:30 horas levarase a cabo a apertura da feira de productos rosalianos e dos xogos populares. Contarase con Acontravento, Árbore Azul, Casperolota Atelier, Coas mans artesanía, Cuire Acuarelas, Egretta Biloba, I3D Deseño galego e Libraría Pedreira. Iniciarase a sesión vermú con Clo Plas ás 14:00 horas.

Pola tarde actuará Quizz Rosaliano para toda a familia ás 16:00 horas. Unha hora despois, ás 17:00 horas, representarase a obra multidisciplinar Rosalía de castro, como cor de ouro pálido con Rafa Fernández, Lara Dopazo e Iván Torres. O peche da feira será ás 18:00 horas.

Paralelamente, no Colexio maior de Santo Agostiño, entre ás 16:00 horas e 17:15 horas realizase A Primavera vai chegar, que é un diálogo a tres voces con Faia Díaz, Paula Romero e Inés Salvado.

Pouco despois, ás 18:30 horas, no Teatro Principal representarase Rosalía, unha obra dirixida por Fina Calleja, que conta con Cris Collazo e Rocío González.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS