miércoles, febrero 19, 2025
InicioNewsActualidadeRueda anuncia que as persoas dependentes disporán dunha axuda económica mentres non...

Rueda anuncia que as persoas dependentes disporán dunha axuda económica mentres non poidan acceder ao servizo público da súa preferencia

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, anunciou que proximamente as persoas dependentes que non poidan acceder de xeito inmediato ao servizo público de atención á dependencia da súa preferencia, contarán de xeito automático cunha axuda económica.

Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia, Rueda fixo balance da situación da dependencia en Galicia. Recordou que no 2021 a Xunta xa puxo en marcha un Plan de choque de dependencia que permitiu “incrementar nun 20% os dependentes atendidos” e axilizar nun 15% os tempos de atención. O plan permitiu acadar estes avances a pesar de que o número de solicitudes en dependencia aumentou nun 40% nos últimos anos.

Nesta liña, o presidente do Goberno galego apuntou que as melloras no número de atendidos e nos tempos de agarda “non son suficientes” e que “hai que seguir mellorando”. Por iso, indicou que co novo Plan de axilización e simplificación, xa vixente, búscase reducir os trámites e lograr a resolución de solicitudes nun prazo máximo de seis meses. Neste sentido, avanzou que nos próximos meses concederase de xeito automático unha achega económica a aquelas persoas con dependencia recoñecida que non poidan acceder inmediatamente ao servizo público da súa preferencia.

Ademais, recordou que este novo plan, que entrou en vigor a comezos de ano, en só 40 días permitiu conceder e actualizar a discapacidade a 6000 persoas, homologándoa ao grao de dependencia correspondente.

Vivenda

Tamén durante a sesión de control, o presidente da Xunta referiuse á situación da vivenda en Galicia e ao compromiso do Goberno galego de duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura. Neste sentido, Rueda sinalou que a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, constituída recentemente, xa levou catro acordos en Consello da Xunta para promover vivendas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS