miércoles, febrero 19, 2025
InicioNewsActualidadePistoletazo de saída ao entroido e outras actividades de ocio para esta...

Pistoletazo de saída ao entroido e outras actividades de ocio para esta fin de semana de febreiro

As comarcas do sur de Pontevedra énchense de plans para o desfrute de pequenos e maiores. Teatro, música, cine, deporte…e entroido!

Actividades para todos os gustos durante esta fin de semana do 14 ao 16 de febreiro.

Venres 14 de febreiro

A Sala Municipal de Exposicións de Tui acollerá a presentación do libro «Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros» de Perfecto Ramos.

O evento terá lugar ás 19:30h con entrada de balde.

O Concello do Porriño ofrecerá unha programación musical con motivo de San Valentín.

O venres, ás 18:00h haberá música DJ na Praza Arquitecto Antonio Palacios e o sábado, no mesmo lugar, ás 12:00h da mañá música de Tuna.

Sábado 15 de febreiro

Salvaterra de Miño continúa co seu Ciclo de Cine de Inverno na Casa da Cultura.

A proxección deste sábado será ‘O Corno‘ e dará comezo ás 22:00h, con entrada de balde.

Baiona acollerá o primeiro desfile de comparsas da zona dando o pistoletazo de saída ao entroido.

O desfile dará comezo ás 17:00h partindo da Avenida Sabarís ata Paseo Ribeira.

O Concello de Covelo acollerá a obra de teatro ‘Feminisisimas’ ás 19:00h no Auditorio Municipal de Covelo.

A obra promete ser «unha comedia negra…moi violeta».

Domingo 16 de febreiro

En Salceda de Caselas terá lugar a I Edición da Carreira Xtrema.

O evento dará comezo ás 11:00h.

A Casa Cultural de Leirado, en Salvaterra de Miño, celebra a festa do Carne ao Caldeiro.

O evento está organizo pola Comisión de Festas San Roque 2025.

Tamén en Salvaterra, terá lugar a proxección da película ‘Trolls 3: Todos juntos‘.

A película dará comezo ás 17:00h na Casa da Cultura.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS