A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras mosenses de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, respectivamente, xunto con demais membros do equipo de goberno local presentaron o cartel e a programación do Entroido 2025 en Mos.

Ademais, as representantes municipais informaron de que o Desfile de Entroido celebrarase pola Avenida de Sanguiñeda. Será o domingo día 2 de marzo a partir das 17:00 horas da tarde.
Por outra banda, tamén atópase a Festa Infantil de Entroido, que este ano terá lugar o día 3 de marzo desde as 17:00 horas da tarde no Pavillón Óscar Pereiro. Ademais, o 23 de febreiro un show de Cristian en Torroso a favor da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, e o 4 de marzo un xantar de Entroido para maiores no Multiusos das Pozas.
O prazo de inscrición para as comparsas que queiran participar no desfile abrirase o vindeiro luns 17 de febreiro e pechará o 24 de febreiro, ambos días inclusive. Posteriormente, o listado de comparsas admitidas publicarase o martes 25 de febreiro na páxina web do Concello de Mos.
Concurso de Comparsas
No concurso de comparsas repartiranse un total de 12.000 euros entre os distintos premios, por participación como á mellor comparsa infantil e de adultos, mellor carroza, mellor vestiario e mellor animación.
Para elixir os premiados, o xurado do concurso valorará cuestións como o número de membros das comparsas, o vestiario, a orixinalidade, as coreografías, e a presenza de elementos complementarios como carrozas, a harmonía, a simpatía, entre outras.
Programación
Comeza o día 23 de febreiro co Show de Cristian no Centro Dotacional de Torroso ás 19:00 horas. As entradas teñen un prezo de 3 €, ademais son solidarias a favor de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS). A venta das entradas anticipadas tamén se realizará no centro Dotacional de Torroso.
Posteriormente, o día 2 de marzo haberá o desfile de comparsas. Ao remate desta, actuará The Turres Band na avenida de Sanguiñeda ás 17:00 horas.
Ao día seguinte, 3 de marzo celebrarase a Festa Infantil de Entroido. Nesta haberá hinchables, obradoiros, dj e animación. Ademais, haberá o concerto de Ollo Piollo ás 17:00 horas no pavillón Óscar Pereiro.
Xa o 4 de marzo, tense previsto un Xantar de Entroido. Con el, tamén realizarase un baile amenizado polo grupo Azabache. Esta actividade está dirixida para maiores de 55 anos. Celebrarase no Multiusos das Pozas ás 13:30 horas. O prezo da actividade é 25 euros.