miércoles, febrero 19, 2025
InicioConcellos +A CañizaNovas medidas de contención a causa do Nematodo do Piñeiro na zona...

Novas medidas de contención a causa do Nematodo do Piñeiro na zona demarcada das Neves

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se declara a contención na zona demarcada das Neves do nematodo do piñeiro e, ademais, establécese a nova zona demarcada e as medidas para o control deste organismo de corentena.

O nematodo, é un organismo nocivo de corentena que provoca graves danos nas especies como o piñeiro. O seu ataque causa o decrecemento súbito das árbores afectadas, producindo que estas sequen ou murchen, segundo informa o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

A Consellería do Medio Rural informa que «malia as actuacións realizadas, non foi posible erradicar este organismo e constatouse que a súa presenza foi continuada e progresiva e que o número de positivos foi en crecemento, especialmente a partir do 2018».

Conforme a esta información, declárase a aplicación das medidas de contención na zona demarcada das Neves e establécese unha nova zona demarcada neste mesmo concello suxeita a medidas de contención.

A nova zona demarcada estará formada por unha área infestada e outra tampón de 20 quilómetros ao redor da infestada.

No territorio da área infestada, será obrigatorio executar medidas de contención como a de cortar todas as árbores sensibles nas que se detecte a presenza do nematodo tanto para propietarios de parcelas como para as administracións; así como retirar e eliminar as plantas cortadas e os restos de corta evitando a propagación do organismo e os seus vectores.

Ademais, os propietarios das parcelas ou as administracións implicadas da zona tampón teñen a obriga de identificar e cortar todas as plantas sensibles mortas, con mala saúde, ou afectadas por incendios forestais ou tormentas.

Concellos total ou parcialmente incluídos na zona infestada:

A Cañiza, A Guarda, Arbo, As Neves, Baiona, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vigo, na provincia de Pontevedra.

Concellos total ou parcialmente incluídos na zona tampón:

A Arnoia, Avión, Bande, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Cortegada, Entrimo, Gomesende, Leiro, Lobeira, Lobios, Melón, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, Toén e Verea, na provincia de Ourense.

A Cañiza, Bueu, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Pazos de Borbén, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo e Vilaboa, na provincia de Pontevedra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS