O Concello de Mos organiza un obradoiro enfocado no uso das redes sociais dos adolescentes co fin de mitigar o seu impacto nocivo na mocidade.
O obradoiro denominado “Saúde mental- impacto das redes sociais” está enmarcado dentro do programa municipal de actividades educativas en horario lectivo, e o debandito taller impartirase en dúas xornadas no IES de Mos.
O fin do taller é ofrecer un espazo seguro no que o alumnado poida falar abertamente das súas vivenzas dixitais, identificando emocións e rompendo estigmas ao redor da saúde mental. Do mesmo xeito, promover a reflexión crítica sobre o impacto das redes na saúde mental do alumnado adolescente.
A actividade está dirixida aos 107 alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES de Mos, e as xornadas son impartidas pola educadora social Paula Santos, que leva máis dunha década traballando con menos no ámbito socioeducativo.