O centro educativo CEIP Marquesa do Pazo da Mercé do Concello das Neves contará, por vez primeira, co servizo de aula matinal o vindeiro curso. Así o vén de anunciar o goberno local, pois será o Concello o encargado de implantar este novo servizo.
O servizo estará en marcha o vindeiro curso 2025-2026 co fin de «facilitar a conciliación das familias e ofrecer un espazo educativo e seguro para a rapazada antes do inicio do horario lectivo» aseguran dende o goberno local.
Segundo anunciaron dende o Concello das Neves, o horario será flexible para poder adaptarse ás necesidades das familias e a actividade será realizada nun entorno cómodo e supervisado con actividades lúdicas e educativas.
Novas matrículas e visitas ao centro
O prazo de matriculación para o vindeiro curso académico 2025-2026 no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé será do 1 ao 20 de marzo e as xornadas de portas abertas será do 24 ao 27 de febreiro con cita previa, chamando ao teléfono 886 110 115.