O Concello do Porriño adicoulle un minuto de silencio ao exalcalde do Porriño, Antonio Fernández Valverde, nunha concentración.
O exrexedor, que foi alcalde do Porriño entre 1976 e 1979, foi incinerado no Tanatorio Vigo Memorial e o vindeiro sábado 15 de febreiro terá lugar o seu funeral na porriñesa igrexa de Santa María.
Durante o mandato, destacou a súa actuación para a preparación da localidade para as primeiras elección democráticas, cando foi substituído por Gonzalo Ordóñez Pérez, quen gañou as eleccións por maioría absoluta.
Foi durante a súa etapa como alcalde cando tivo lugar o incendio na casa consistorial, obra de Antonio Palacios, e se ordeou a recuperación do inmoble. Do mesmo xeito, foi a época na que se repatriaron ao Porriño as cinzas do ilustre arquitecto porriñés.
Así mesmo, tras a súa saída como alcalde, seguiu formando parte activa da vila e destacou principalmente polo impulso ao balonceto no municipio, contribuíndo como precursor da antiga Liga LEB 2, a actual Segunda Baloncesto España.