A Garda Civil detivo esta madrugada a unha persoa nunha operación contra o tráfico de medicamentos e drogas en Cangas e Vigo. Ademais, outras 16 persoas están sendo investigadas, entre elas varios médicos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
A detención produciuse nun rexistro nun céntrico inmoble de Cangas e forma parte dunha operación aberta dende hai meses, co fin de desarticular unha rede que comercializaba co ansiolítico Revotril. A investigación está sendo dirixida polo Xulgado de Instrución Número 2 de Cangas.
«O que máis nos preocupa, desde o máximo respecto á presunción de inocencia, é a presunta implicación nesta rede de médicos do Sergas de Cangas e de Vigo, así como de varias farmacias», asegura Losada, nun comunicado remitido aos medios de comunicación.