miércoles, febrero 12, 2025
InicioNewsO Auditorio de Ourense acolle a III Gala Solidaria Por Eles TEA...

O Auditorio de Ourense acolle a III Gala Solidaria Por Eles TEA o 29 de marzo

A III Gala Solidaria Por Eles TEA celebrarase no Auditorio Municipal de Ourense o día 29 de marzo ás 18:30 horas. A concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, Tamara Silva, recibiu no Concello a María Losada, vicepresidenta da asociación Por Eles TEA, Rebeca Iglesias Fernández, vogal da asociación e Marta Bravo Taboada, directora do estudio Repenica, que traballan na organización do evento, no que colabora o Concello de Ourense.

O evento estará presentado por Tamara Pérez e terá como madriña a cantante Uxía. Na gala disporán das actuacións de Ángel Cerezuela, Magín Banco, Jony e Fabián González, Estudio Repenica, Academia Drop, Orfeón do Carballiño, Coro Enharmonía, Tics Formación Artística e Muma´s Troop.

María Losada explicou é unha iniciativa que conmemora o Día Mundial do Autismo (2 de abril). Ademais, ten como finalidade recadar fondos para os proxectos e servizos que presta a asociación Por Eles TEA. Paralelamente, permite “visibilizar o autismo e concienciar a sociedade ourensá acerca das realidades distintas das maioritarias”, coa fin de que a inclusión “non sexa só unha palabra senón unha realidade”. Debido da boa acollida de anos anteriores, a actividade chega este ano á terceira edición e apoiará os proxectos da asociación. Por iso, aspiran a contar no futuro cun local de maior capacidade para as actividades que se desenvolven e que teñen unha demanda cada vez maior.

Tamara Silva lembrou a vontade do Concello en colaborar con Por Eles TEA, tanto a través do convenio de colaboración asinado, así como neste caso, coa cesión do Auditorio para esta actividade. Silva animou o público ourensán a asistir transmitindo que “cantos mais mellor, benvidos todos e máis con esa finalidade solidaria de poder axudar e visibilizar a persoas que moitas veces pasan desapercibidas”.

Pola súa banda, a directora do estudo Repenica explicou que “é un luxo formar parte deste proxecto e axudar a todas as persoas da asociación e ás que veñan”. Un evento que é unha “reivindicación tamén da cultura”. Convidou a cidadanía a “que veña pasalo ben: este ano temos o orgullo de que veña como madriña da gala Uxía, a cantante galega por excelencia, no seu aniversario de 40 anos de carreira musical, que celebraremos por todo o alto”. Tamén anunciou a presenza de “convidados de luxo”, como o cantautor emerxente Ángel Cerezuela, que presentará single na gala, e a totalidade de artistas, grupos e escolas de baile que participarán. Ademais, indicou que será “un espectáculo marabilloso que ninguén pode perder”.

As entradas

As persoas interesadas poderán mercar as entradas en Ataquilla, a un prezo de 10 euros. Tamén haberá Fila 0.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS