A Xunta de Galicia mobilizou máis de 200 millóns de euros en licitacións para a construción de máis de 2.000 novas vivendas de promoción pública. A conselleira de Vivenda e Ordenación das Infraestruturas, María M. Allegue, compareceu no Parlamento de Galicia. Alí, explicou que estas vivendas se están a construír nos concellos de maior demanda. Especificou que 832 xa tiveron a obra licitada, e algunhas delas xa están adxudicadas ou están en execución. Entre as que 982 teñen o proxecto licitado e outras 268 están a piques de licitarse nas próximas semanas.
Destacou que se trata de novas vivendas de promoción pública, ás que se sumarán novas vivendas. Neste sentido, o programa Rexurbe, cun orzamento de 7 millóns de euros, permite recuperar vivendas na Coruña, Betanzos, Ferrol, Viveiro, Ourense, Ribadeo, Ribadavia e Tui.
Ademáis a concelleira salientou a aposta histórica da Xunta de Galicia pola vivenda. Tal como recollen os Orzamentos deste ano, que destinan 240 millóns de euros, triplican a dotación destinada a vivenda pública e solo residencial, pasando de 46 millóns a 126 millóns en 2025.
Sinalou que estas cifras permiten avanzar no reto desta lexislatura, que pasa por duplicar o número de vivendas públicas ata as 8.000 e dotar de terreos para a construción de 25.000 novas vivendas, das que 20.000 están protexidas.
Axudas para compra e aluguer
A conselleira destacou que a Xunta de Galicia destina este ano máis de 30 millóns de euros a cinco liñas de axudas tanto para o aluguer como para a compra de vivenda.
Cómpre lembrar que o Goberno galego convocou recentemente 3,8 millóns de euros en axudas para menores de 36 anos e para compra en concellos de menos de 10.000 habitantes, tanto para a compra de vivenda en centros históricos, como para mercar vivendas de protección autónoma.
Allegue anunciou que a partir de marzo se ampliará a Garantía da Xunta. Para que os compradores de vivenda protexida, sen límite de idade, poidan acceder a un préstamo hipotecario ao 100% do prezo da vivenda. Este incentivo será compatible coas citadas axudas de adquisición, que poden chegar ata os 20.000 euros para persoas menores de 36 anos.
Ademais, a Xunta de Galicia convocará este mes o Bono Aluguer Xuvenil. Este conta con fondos transferidos polo Goberno estatal, cuxa escaseza foi denunciada polo Goberno galego.
Estratexia do solo residencial
A través da Estratexia de Solo Residencial tamén se está a traballar con 15 concellos que ceden parcelas para edificar vivendas. Neste sentido, os Proxectos de Interese Comarcal (PIA) permitirán desenvolver, polo de agora, máis de 1,5 millóns de m2 de solo residencial para as primeiras 15.000 vivendas previstas en Vigo, Pontevedra, Santiago, Ourense, Lugo, Coruña e Arteixo.
A Xunta de Galicia tamén puxo en marcha a Sociedade Galega de Vivenda Pública. Unha ferramenta dedicada exclusivamente á promoción de solo residencial e vivenda de promoción pública, e que acometerá a construción de 2.350 vivendas de promoción pública que deberán estar rematadas antes de que remate esta lexislatura.
Estas vivendas construídas pola empresa terán a cualificación de vivenda pública, nas mesmas condicións que as construídas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Medidas lexislativas e fiscais excepcionais
Allegue lembrou a activación de novas medidas excepcionais ata 2028. Así como modificacións normativas, lexislativas e fiscais, para axilizar os trámites de construción de vivendas, fomentar a rehabilitación e a posta no mercado de vivendas.
Destacou que na Lei de Vivenda se introduciron dúas modificacións importantes entre as que se atopa a cualificación indefinida e permanente do réxime de protección das VPP e VPA que se constrúan en terreos urbanizados por promotora e a regulación do aloxamento compartido para facilitar a emancipación dos nenos.
Tamén valorou a consideración de VPP como obra de interese xeral. Tradúcese nunha redución dos tempos administrativos, na redución de obstáculos para a conversión de pisos baixos en vivendas ou a activación dun réxime para favorecer o remate de edificacións inacabadas.
No ámbito fiscal, para os efectos de bonificación fiscal, os locais comerciais adquiridos para uso residencial foran clasificados como vivendas ou se promove a dedución do 15% no tipo autonómico do IRPF polos gastos de adaptación de inmobles desocupados para o seu arrendamento.
Así mesmo, lembrou que tamén se actualizaron os límites do IPREM para que un maior número de familias poidan acceder a vivendas protexidas.