A xornada axendada para esta mañá en Ponteareas, con motivo do Día Europeo do 112, quedou suspendida debido á parada cardiorrespiratoria que sufriu a pasada noite un dos bombeiros da localidade.
O bombeiro, que sufriu unha parada cardiorrespiratoria mentres realizaba unha intervención na vila do Tea, foi atendido polos seus compañeiros que conseguiron devolverlle o puso cun desfribilador en tanto chegaron os servizos médicos.
Posteriormente, foi trasladado en ambulancia medicalizada ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde permanece neste momento na Unidade de Coidados Intensivos, en observación e á espera de probas.
Dende o Concello de Ponteareas aseguran que «todos os profesionais do Parque de Bombeiros de Ponteareas se atopan consternados ante os feitos» e agardan «ter boas novas nas vindeiras horas».