miércoles, febrero 12, 2025
InicioNewsConcellos +Novos cursos Celga no Concello de Ponteareas

Novos cursos Celga no Concello de Ponteareas

O Concello de Ponteareas informa da nova convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocados pola Secretaría Xeral da Lingua.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello informa que estes cursos poderanse levar a cabo de xeito presencial e en liña e que o prazo para poder inscribirse nos cursos remata o día 28 de febreiro de 2025.

As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua.

Todas as persoas que estean interesadas e precisen infomación sobre estes cursos poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán información detallada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS