O Club de Natación de Ponteareas competiu na fin de semana 8 e 9 de febreiro no Campionato Galego Júnior de Inverno 2025 e a Copa Sénior 2025 na piscina Rosario Dueñas de Ourense. Tamén, o clube ponteareán estivo representado por Gracia Suárez e Martín Carrera no Campionato de España Open Máster de Inverno 2025.
No Campionato Galego Júnior de Inverno 2025 – Copa Senior 2025, dentro da clasificación conxunta por equipos, o Club Natación Ponteareas acadou a sexta posición entre os 25 participantes. Conseguindo así, un total de 11 medallas para o club. Nas que se atopan unha medalla de ouro, catro de pratas e seis de bronce.
A nadadora Aitana Blanco proclamouse campiona galega júnior con 16 anos na proba de 200m bolboreta. Mentres que a nadadora Sofía Carballo acadou o terceiro posto no ranking nadadoras sénior segundo os puntos FINA. Ademais, o resto do equipo tivo un bo rendemento, acadando varios postos entre os 10 primeiros en distintas probas e logrando mellores marcas persoais moitos deles.
No Campionato de España Open Máster de Inverno 2025, a nadadora Gracia Suárez, acadou un total de tres medallas de ouro nas probas de 200m libre, 400m libre, 200m estilos e unha medalla de prata na proba de 100m libre. Ademais, acadou os récords galegos da súa idade nestas catro probas. No apartado masculino, Martín Carrera obtivo a sexta praza no 200m libre e nos 400m estilos, a séptima na proba de 200m estilos, e décimoterceiro nos 100m estilos. Así, completaron ambos os dous unha excelente participación contra os mellores nadadores e as mellores nadadoras máster do panorama nacional.
Dende a dirección do club transmiten os seus parabéns ás nadadoras e nadadores así coma ao equipo técnico que son quen de superarse proba a proba en cada competición na que participan.