Galicia acada os 10.000 transplantes de órganos realizados na comunidade desde que se iniciou o programa en 1981. En 1981, o Hospital Público da Coruña realizou a primeira intervención do programa galego de transplante renal. Na actualidade, a comunidade galega xa rexistrou 5.168 transplantes deste órgano.
Igualmente, en 1991, Galicia iniciou o seu programa de transplantes cardíacos que conta cun total de 959 transplantes.
No ano 1994 establecéronse programas de transplante de fígado no sistema sanitario público galego nas áreas sanitarias de Santiago e Barbanza e nas da Coruña e Cee. Neste caso, os dous hospitais de referencia acumulan un total de 2.803 transplantes de fígado realizados ata a data.
En 1999, Galicia rexistrou a incorporación de dous novos programas de transplante de órganos. Concretamente, o programa de transplante de pulmón, que realizou 942 operacións desde a súa posta en marcha. Por outro lado, o programa de transplante de páncreas, que realizou 128 operacións nos seus primeiros 25 anos de existencia.
Estas cifras non serían posibles sen a xenerosidade dos 3.487 doadores falecidos e das súas familias. Tamén, grazas as 468 persoas que doaron os seus riles en vida.
Así, tanto os doantes como á colaboración establecida entre o Servizo Galego de Saúde e a Xefatura Autonómica de Coordinación de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) posibilitan á Galicia acadar cifras récord en transplantes e doazón de órganos.
Neste caso o 2024 rematou co mellor dato histórico neste ámbito, rexistrando un total de 424 intervencións, un 28% máis que no ano anterior. Pechou coa taxa máis alta de doadores de órganos por millón de habitantes en 50,7, desde a creación da Organización Nacional de Transplantes en 1989.
Ademais, a compañía pechou o ano co menor número de pacientes á espera dun transplante da súa historia, cun total de 193 persoas. Actualmente, 8 de cada 10 familias din que si á doazón en Galicia.