Un bombeiro do GES de Ponteareas tivo que ser evacuado durante unha intervención ao sufrir unha parada cardiorrespiratoria. Segundo puido saber Si Radio, o home atopábase no camión cando comezou a sentirse mal. Nese momento, unha persoa que transitaba polo lugar percatouse e deu a voz de alarma aos compañeiros que se atopaban traballando nun lume dunha cheminea, na rúa de San Vicente. De contado, empregaron o desfibrilador que transportan no vehículo e conseguiron reanimar a este efectivo do parque de bombeiros da capital do Condado.
Tal e como explican desde o 112 Galicia, o incendio desa chimenea produciuse 20 minutos antes das 22:00 horas na rúa San Vicente e foi un particular o que deu a voz de alarma. Indicou que «non parecía haber ninguén no interior da vivenda nese momento». Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ponteareas e lograron sufocar o lume e eplicaron que «ardera o revestimento da tubaxe da cheminea». Tamén acudiron axentes da Garda Civil e da Policía Local.
Precisamente, foi durante esta intervención cando un dos efectivos do GES de Ponteareas entrou en parada cardiorrespiratoria. Este axente atopábase no camión dos bombeiros e foi unha persoa que trasitaba polo lugar quen se deu conta de que se estaba atopando mal. Deu a voz de alarma e os seus compañeiros, a través do desfibrilador co que acuden ata as intervencións, lograron que recuperara o pulso. Foi trasladado en ambulancia ata o hospital de referencia.