O Festival Sinsal SON Estrella Galicia celebrará a súa nova edición os días 25, 26 e 27 de xullo na illa de San Simón, Redondela. O evento cultural, cuxo cartel é secreto para o público ata que este desembarca no arquipélago de San Simón e Santo Antón, volverá ofrecer unha pequena mostra da creación contemporánea máis estimulante do momento a través da participación de numerosas bandas e solistas chegadas de diversas rexións de todo o mundo. Como novidade, ao coindir a xornada festiva do 25 en venres, este ano a actividade estenderase ao longo de todo o día, no lugar de ser unicamente en horario de tarde.
Sinsal SON Estrella Galicia, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, Xunta de Galicia e SON Estrella Galicia. Ademais, o festival é unha iniciativa cultural que naceu para visualizar as artistas próximas á creación contemporánea da escena galega e estatal. Pero tamén abriu o espazo para acoller a numerosas para creadoras e creadores do ámbito internacional. En cada edición, é habitual poder coñecer propostas de estilos moi diversos e de formacións de diferentes países de Europa, África Asia ou América. Todos os anos os abonos e as entradas esgótanse rápido.
Ademais, a súa programación musical acompáñase de numerosas actividades paralelas divulgativas. Con isto, preténdese dar a coñecer a historia, a memoria e o patrimonio cultural e natural de San Simón. Co que se descobren os roteiros Descubre San Simón, Illario Pantasma e Andaina con Amarturmar. Paralelamente, as propostas están vinculadas á sostibilidade ambiental e concienciación, como a activación da nova liña #SinsalSenRastro. A iniciativa axuda a transformar o modelo de xestión de residuos, que no 2024 supuxo a redución nun 30 % do volume dos mesmos ou mesmo. Da mesma maneira que serve como recuperación e posta en valor dos arquivos sonoros, que se traducen en iniciativas recollidas na nomeada Escola Sinsal.
Sinsal, o festival de música mellor valorado en Galicia
O ‘Observatorio de la Cultura’ da Fundación Contemporánea sinalou no seu informe ‘Lo mejor de la cultura 2024’ que o Festival Sinsal é a proposta musical máis destacada do país por terceiro ano consecutivo. Ademais, mantén desde 2022 o posto como segunda iniciativa cultural mellor valorada polos profesionais do sector en Galicia.
Dende a dirección do festival acollen esta noticia con gratitude e agradecemento ás compañeiras e compañeiros da cultura por ter presente a Sinsal nas súas valoracións. E consideran o seu evento como modesto e limitado a 800 persoas ao día.
A nivel estatal, na clasificación das iniciativas culturais mellor valoradas polo seu compromiso social e desenvolvemento sostible, Sinsal tamén sube de novo. Por tercer ano consecutivo sitúase no 6º posto. Unha mención que referenda o compromiso que o Festival Sinsal mantén cos ODS e o impacto positivo, e que no 2024 reforzou coa posta en marcha da iniciativa #SinsalSenRastro.
Os recoñecementos chegan tamén nos Iberian Festival Awards, os premios da industria dos festivais de España e Portugal. Nel o Festival Sinsal SON Estrella Galicia é finalista nas categorías Mellor Programa Cultural, Contribución á igualdade, un galardón que se lle outorgou no 2023. Tamén o de Mellor Aloxamento e recepción e Mellor Promoción Turística. O 15 de marzo daranse a coñecer os gañadores nunha gala.