miércoles, febrero 12, 2025
InicioConcellos +A CañizaLuís Piña, alcalde da Cañiza, regresa ao Congreso dos Deputados

Luís Piña, alcalde da Cañiza, regresa ao Congreso dos Deputados

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, regresará o vindeiro martes ao congreso dos Deputados en Madrid, tras a decisión acometida polo seu partido, o PSdeG-PSOE,

O edil substituirá á alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, quen presentou a súa dimisión como deputada. Piña compaxinará o seu posto no Congreso co actúal de alcalde da Cañiza, ao ser compatibles ambos cargos e, segundo afirma, «espera estar na Cámara Baixa ata o final da actual lexislatura».

O rexedor cañicense tomará posesión este martes e asegura aceptar o reto “agradecido ao seu partido e sobre todo, comprometido coa cidadanía”. Ademais, non será a primeira vez que Piña visite esta cámara, pois xa foi deputado durante dous anos e medio durante a segunda lexislatura de José Luís Rodríguez Zapatero, entre o 2009 e 2011.

Tras a decisión, tomada polo Partido Socialista provincial tras a dimisión da deputada, Paula Fernández e Luís Piña reuníronse co fin de analizar os avances acadados nesta lexislatura e recoller toda a información precisa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS