sábado, abril 19, 2025
InicioNewsA Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición no campionato autonómico...

A Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición no campionato autonómico de FP GaliciaSkills 2025

A Xunta de Galicia convoca o 8º Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills, 2025. Esta é unha competición autonómica que premia aos mellores alumnos de FP nun total de 42 especialidades para representar a Galicia na fase nacional. O prazo de inscrición estará aberto ata o 14 de marzo, período no que os centros educativos son os encargados de formalizar a solicitude de participación dos estudantes interesados e interesadas en concorrer. Ademais, o campionato terá lugar no mes de outubro no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

O obxectivo é visibilizar a Formación Profesional de Galicia e poñer en valor as destrezas do alumnado que cursan estas ensinanzas. A través dunha serie de probas prácticas, os e as participantes poderán demostrar as súas capacidades nas 42 modalidades, que se distribúen en 29 especialidades competitivas, 9 de exhibición e 4 para centros de Educación Especial.

Requisitos

Poderán participar estudantes de centros públicos de Formación Profesional de Galicia que teñan como máximo 21 anos durante o 2025. Ademais de non ter participado en edicións anteriores, agás nas modalidades de Mecatrónica, Sistemas robóticos integrados, Ciberseguridade e Fabricación aditiva, nas que se permitirá unha idade máxima de 24 anos.

Premios

As probas serán valoradas por un xurado composto por expertos do sector, representantes das empresas patrocinadoras e titores do alumnado. A persoa que obteña a maior puntuación en cada modalidade recibirá a medalla de ouro. Así, formará parte do equipo galego que competirá nas SpainSkills 2026. A segunda mellor puntuación obterá a medalla de prata e actuará como suplente no campionato nacional, no caso de que o gañador ou a gañadora non poida asistir. Todos os e as participantes recibirán un diploma acreditativo. Ademais, o profesorado implicado na preparación obterá unha certificación de 30 horas de formación permanente, recoñecida como actividade de innovación educativa.

Os centros educativos que desexen participar en GaliciaSkills 2025 deberán inscribirse na algunha das modalidades que se detallan a continuación.

Modalidades de competición
CarpinteríaEbanistaríaDeseño mecánico – CAD
CNC FresadoSoldaduraFontanería e calefacción
Refrixeración e aire acondicionadoElectrónicaInstalacións eléctricas
Control industrialMecatrónicaSistemas robóticos integrados
Pintura do automóbilReparación de carroceríaTecnoloxía de automóbil
Desenvolvemento webTIC Administración de sistemas en redeDeseño e xogos en animacións 3D
CociñaPanadaríaServizo de restaurante e bar
Recepción hoteleiraAtención sociosanitariaEstética
PeiteadoEscaparatismoTecnoloxía da moda
FloraríaXardinaría paisaxística 
Modalidades de demostración
AlbanelaríaRevestimento e paneis de xesoCiberseguridade
Enerxías renovablesFabricación aditivaFarmacia e parafarmacia
Robótica colaborativaTecnoloxía de laboratorio químicoTecnoloxía de vehículos pesados
Modalidades de Educación Especial
PeiteadoRepografíaServizos de restauración
Xardinería e viveirismo 
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS