miércoles, febrero 12, 2025
InicioNewsActualidadeA Guarda estreará un circuíto de pumptrack

A Guarda estreará un circuíto de pumptrack

O Concello da Guarda estreará un circuito pumptrack, que estará situado ao lado do puerto, na zona de Punta Xanete. Así o anunciarion na visita á futura ubicación, o alcalde do municipio, Roberto Carrero e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López.

Durante a presentación, Carrero informou que o Concello invertirá 135.000 euros nesta obra coa que construirá unha pista duns 250 metros cadrados. Pola súa banda, López anunciou a inversión de 60.000 euros da Deputación neste proxecto ao abeiro do Plan de Infraestruturas Deportivas.

“A Deputación aprobará unha aportación de cerca de 140 mil euros para o segundo Plan de Infraestruturas Deportivas para A Guarda, que permitirá impulsar dous proxectos” anunciou o presidente da institución provincial. Por unha banda, serán 75.000 euros os que destinarán á mellora das instalacións deportivas de Punta Xanete, e pola outra, máis de 60.000 euros para o novo circuito de pumptrack.

Pola súa parte, Carrero destacou que a inversión máis importante é «a rehabilitación do espazo polideportivo e que a pista de pumptrack irá pegada á area polideportiva co fin de dar continuidade con esta nova modalidade deportiva».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS