jueves, febrero 20, 2025
InicioNewsActualidadeEl Colegio Lar, subcampeón del Torneo de Debate Académico de Galicia

El Colegio Lar, subcampeón del Torneo de Debate Académico de Galicia

Tras superar as fases previas, e pasada a realización da fase final durante os días 6 e 7 de febreiro, o alumnado do Colegio Lar de Mos conseguiuse alzar subcampión no Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) organizado pola Fundación Barrié da Coruña.

Así é, o equipo presentado na Segunda Categoría, a correspondente para o alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato, formado por Adriana Cons, Stephanie Dávila, Alejandra Montenegro, Noa Piñeiro e Nosa Rosendo, fíxose co segundo premio.

Todo comezou coa pregunta «Deberían os científicos da estación experimental de Pavlosk ter comido as sementes e froitos que gardaban durante o sitio a Leningrado?«. O equipo debía posicionarse, por sorteo, a favor ou en contra e demostrar durante as súas catro intervencións as súas dotes de oratoria, investigación, colaboración, espíritu crítico e argumentación.

Finalmente, tras as catro intervencións, o equipo Lar da Segunda Categoría posicionouse no segundo posto, quedando subcampións do torneo. Desta forma, é o segundo ano que este equipo acada esta posición, sendo a cuarta vez que se presentan ao torneo.

Ademais, o equipo Lar presentado na primeira categoría, a indicada para 1º, 2º e 3º da ESO, conseguiu chegar a cuartos de final.

«Este é un recoñecemento polo gran traballo e esforzo do alumnado, e sen dúbida, tamén do profesorado do Colegio Lar, que os levan acompañando tantos anos» aseguraban dende a dirección do centro. «Gracias á súa formación, constancia e espírito de mellora se lles viu crecer tanto nas súas dotes oradoras como no persoal».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS