jueves, febrero 13, 2025
InicioNewsO PaísRáfaga, Dj Alex Martini ou a orquestra París de Noia actuarán no...

Ráfaga, Dj Alex Martini ou a orquestra París de Noia actuarán no Entroido 2025 de Ourense

O Concello de Ourense anunciou que a celebración do Entroido será do 27 de febreiro ao 5 de marzo. Unha das principais citas do seu ciclo festivo consolidado como “as festas por excelencia da cidade” e o “mellor carnaval da metade Norte de España”, segundo asegurou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. O rexedor presentou a programación de actividades nun acto na Sala Valente, xunto á concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, e representantes dos entroidos da Pita, As Eiroás, Frei Canedo, A Ponte, e Paquita e Nicanor, Seixalbo.

Gonzalo Jácome animou ao público a participar na festa. Tamén, o alcalde sinalou que “cada ano vai a máis” e fai que Ourense “compita sen lugar a dúbidas cos carnavais de Canarias ou Cádiz”. Serán sete días de festa con animación de rúa cun “despregue de charangas nunca visto nun entroido”, e actuacións de grupos musicais, orquestras e varios DJ “top”.

O alcalde estivo acompañado por representantes dos Entroidos da Pita, As Eiroás, Frei Canedo, A Ponte, e Paquita e Nicanor, Seixalbo. Eles avanzaron as súas respectivas actividades para este Entroido, nas que colabora o Concello de Ourense. Ademais, o alcalde destacou o traballo que realizan os colectivos organizadores destas festas, ás que o concello vén dando “un novo impulso” durante os últimos anos e achega gran parte do seu financiamento.

A programación

A programación de actividades organizadas polo Concello iniciase e péchase coa exposición fotográfica de Personaxes do Entroido galego e portugués. Conta con 146 instantáneas de Carlos Padín que se acollen na Sala Valente desde o mércores 12 de febreiro até o día 16 de marzo.

Entre as diversas actividades actuará Dj Pancho e Alex Martini con máis artistas e agrupacións no Xoves de Comadres. Así mesmo, haberá actividades infantís como o desfile escolar o venres 28, ou o multitudinario desfile de comparsas que sairá o domingo 2 de marzo ás 16.30 horas das Lagoas. O percorrido do desfile irá por Curros Enríquez, Xoán XXIII e Progreso. Ese mesmo día actuará Ráfaga ás 20:30 horas na rúa do Progreso.

Ademais, realizarase o reparto de orellas, 12.000 unidades, e bica o martes 4 de marzo. Finalmente, o mércores 5 ás 20:00 horas haberá o tradicional Enterro da Sardiña amenizado polas charangas Felga e Bandiños. O percorrido deste avanzará desde a Praza Maior até o Parque de San Lázaro.

As persoas interesadas poden consultar todas as actividades na programación do Entroido 2025 que se atopa na páxina web do Concello de Ourense.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS