A Asociación Cultural San Breixo organiza a V Festa do Cocido. Este evento celebrarase o día 16 de febreiro na explanada do Pazo da Crega no Concello de Barro. O menú componse de sopa, cocido completo e bolo no pote.
O programa desta festa ofrece varias actividades entre as que se encontra un mercado artesanal que estará aberto todo o día a partir das 11:00 horas. Posteriormente, poderase desfrutar dunha sesión vermouth a cargo de Dúo LyG Music. Xa sobre ás 14:00 horas realizarase o xantar. Finalmente, a partir das 16:00 horas haberá un mercadillo, como é habitual durante os domingos.
![](https://www.siradio.gal/wp-content/uploads/2025/02/Cartel-V-Festa-do-Cocido.jpg)
As persoas interesadas a acudir a V Festa do Cocido de Barro deben chamar aos teléfonos 620 58 74 73 e 610 21 93 80 para reservar. Ademais, deberán pagar 30 euros polo menú. No caso dos e das menores de 12 anos disporán dun menú especial que ten un prezo de 15 euros.