jueves, febrero 13, 2025
InicioNewsComarcasChega a Ponteareas a "Volta Vinista" con mandatos do Meco para dinamizar...

Chega a Ponteareas a «Volta Vinista» con mandatos do Meco para dinamizar a hostelería

O Concello de Ponteareas vén de deseñar unha actividade que dinamizará o sector da hostalería do municipio. Trátase da «Volta Vinista», unha iniciativa na que os veciños e as veciñas así como as persoas que visiten a capital do Condado deberán realizar «o mandato do Meco» e cumprir outros requisitos para obter un dos premios.

A «Volta Vinista» forma parte do programa co que Ponteareas celebrará o Entroido neste 2025. Ademais desta particular «volta», os veciños e as veciñas poderán desfrutar de diferentes actividades relacionadas con esta festividade desde o próximo venres 21 de febreiro ata o próximo 5 de marzo. Destacan obradoiros, concurso de orellas e desgustación ou os famosos desfiles de disfraces e comparsas.

Cando comeza a Volta Vinista?

A particular Volta Vinista de Ponteareas comezará o sábado 22 ás 23:00 horas. A partir dese momento, os veciños e as veciñas así como as persoas que visiten a localidade escanearán un código QR no que aparecerá a ruta dos bares que forman parte desta iniciativa do Concello.

Aquelas persoas que visiten estes establecementos e realicen unha consumición terán que realizar o mandato do Meco, que, en calquera caso, estará relacionado con disfraces. No caso de que se completen catro rondas ou mandatos e se tome unha foto no photocall situado na Feira Vella, se conseguirá un premio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS