A alcaldesa de Mos, senadora por Pontevedra e portavoz adxunta no Senado, Nidia Arévalo, presentará no Pleno da Cámara Alta que se celebrará o vindeiro martes, 11 de febreiro, unha interpelación sobre os criterios que aplica á hora de decidir qué vías da Rede Nacional de Carreteras rescata e que peaxes das Autopistas do Estado liberaliza.
A rexedora local mosense estará arroupada e apoiada por un nutrido grupo de veciñanza mosense que se desprazará ata Madrid para presenciar a interpelación de Arévalo a Puente no Pleno do Senado.
Precisamente ao Ministro Óscar Puente facía referencia Nidia Arévalo onte pola tarde na Comisión de Seguemento contra nova A52 que se celebrou no Comcello de Mos. A alcaldesa destacou que “estamos a facer as cousas ben e demóstrao a actitude do Goberno Central coas palabras do Ministro Óscar Puente, nas que recoñece equivocacións e propón colaboración institucional, entendemos que para subsanalas. Así que lle esiximos de novo ao representante de Transportes e Mobilidade a gratuidade da AP9 e a paralización deste proxecto garrafal”, declarou.
Arévalo considera que “estamos a facer as cousas ben e as nosas accións de defensa de Mos comezan a dar os seus foitos”. “Así o demostran as declaracións do Ministro de Transportes e Mobilidade, Ósar Puente, que vén de recoñecer estes días que ‘todos somos humanos e nalgunha ocasión tamén fallamos, e o importante é aprender delo’ e de agradecer ‘a ecuanimidade na crítica’ así como de abogar por unha ‘actitude institucional colaborativa’; declaracións nas que vemos que se asume a equivocación con este proxecto nefasto e garrafal para o territorio, sobre todo para Mos e para a parroquia viguesa de Bembrive”, declarou Arévalo.
“Agora esperamos” continuou a alcaldesa de Mos, que “ademáis deste exame de conciencia, o Ministro Puente faga tamén propósito de enmenda, e escoite e poña en práctica as nosas reclamacións: en primeira instancia a solución inmediata para a A55 que é a liberalización da AP9 coa gratuidade da peaxe do tramo Puxeiros-Porriño, e tamén a retirada deste novo proxecto de autovía A52 enormemente destructivo”. Sentenciou Arévalo.