jueves, febrero 13, 2025
InicioNewsAmplíase o prazo de solicitudes das axudas para empresas de acuicultura e...

Amplíase o prazo de solicitudes das axudas para empresas de acuicultura e adquisición embarcacións auxiliares

A Xunta de Galicia amplía un mes o prazo para solicitar as axudas para crear negocios de acuicultura e para a adquisición de barcos auxiliares. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta modificación. Ademais, inclúe no caso das embarcacións acuícolas, a eliminación do límite subvencionable, fixándose o importe da achega no 50 % do total do gasto realizado.

Así, preténdese facilitar o proceso aos beneficiarios e que as solicitudes cheguen ao maior número de entidade deste réxime. Desta maneira, as achegas divídense en tres bloques. O primeiro, orientado a actuacións que fomenten a competitividade e sustentabilidade do sector, a mellora e construción das infraestruturas dependentes desta explotación, a protección das instalacións fronte as adversidades climáticas, alteracións ambientais, hídricas, fugas ou depredadores e a creación de novas empresas para impulsar o espírito empresarial e a remuda xeracional. O segundo está destinado a accións que reduzan a pegada de carbono, fomenten a eficiencia enerxética ou a reconversión a fontes de enerxías renovables. Por último, o terceiro, dirixido ao asesoramento técnico, científico, tecnolóxico, xurídico e económico das explotacións agrícolas.

Neste sentido, o importe máximo da axuda nos dous primeiros casos será do 50 % do gasto total subvencionable para operacións executadas por pemes. No caso de grandes empresas, o 40 %, ata cun límite máximo de 25 millóns de euros de axuda por beneficiario. No que respecta a o último bloque, non hai límite e o importe cubrirá a metade do gasto da operación.

Máis de 61 M€ ata 2027

Esta inxección económica finánciase nun 70 % co Fempa e no 30 % restante pola Consellería do Mar. Este departamento presuposta ata 2027 61,2 millóns de euros para a modernización, automatización, dixitalización ou diversificación da produción en instalacións de acuicultura.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS