miércoles, febrero 19, 2025
InicioNewsAmelia Tiganus é a primeira oradora de Eira de Actualidade, o novo...

Amelia Tiganus é a primeira oradora de Eira de Actualidade, o novo espazo de divulgación de Soutomaior

O Concello de Soutomaior organiza e promociona Eira de Actualidade, unha actividade que crea un espazo de divulgación, debate e opinión sobre temas de actualidade na sociedade nas que se tratarán diferentes áreas temáticas desde a ciencia, a socioloxia, a saúde, o feminismo, entre outras. Ademais, o concello anuncia a primeira oradora, Amelia Tiganus, que acudirá ao Multiúsos o xoves 20 de febreiro ás 20:00 horas.

Eira de Actualidade terá unha programación creada para favorecer a aprendizaxe, a construcción colaborativa de coñecementos, a nutrición intelectual e emocional e promover a reflexión social.

Amelia Tiganus será a primeira protagonista neste espazo. Ela é oradora, escritora, activista feminista e formadora en obradoiros sobre a abolición da prostitución e violencias sexuais. Tamén, será a encargada de comezar ca programación o xoves 20 de febreiro ás 20:00h horas no Multiúsos de Soutomaior. No referente as entradas, estas son de balde ata completar o aforo.

Concello de Soutomaior
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS