As comarcas do sur de Pontevedra énchense de plans para o desfrute de pequenos e maiores. Teatro, música, cine, deporte… actividades para todos os gustos durante esta fin de semana do 7 ao 9 de febreiro no Baixo Miño, Condado, Louriña e Paradanta.
Venres 7 de febreiro
A Comisión de Festas de Fornelos da Ribeira 2025 organiza un sorteo erótico onde aseguran que «os premios serán sorprendentes» en Salvaterra.
A xornada comezará ás 22:30h no Centro Cultural Carballeira.
Salceda de Caselas acollerá a visualización do documental e a charla sobre «Aillados«, na memoria dos presos do 36 na Illa de San Simón.
Terá lugar ás 20:00h no Centro Social ‘O Matadoiro’.
Obradoiro de educación afectivo-sexual destinado a pais e nais de adolescentes en Tomiño.
A participación é de balde. De 17:00h a 19:00h na Praza da Cultura de Goián.
A Sala de Cultura de Mondariz-Balneario acollerá o contacontos «Peques e heroas«.
A sesión estará dirixida por Manuela Contacontos e comezará ás 19:00h.
A mostra de pesticos de Mondariz Balneario estará activda durante o venres 7 e o sábado 8 para poder desfrutar da gastronomía local.
O Teatro Municipal de Tui acollerá o monólogo «Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)» de Ainé Producións.
A sesión comezará ás 21:00h. As entradas están á venda na páxina web do Concello de Tui.
Presentación dos libros de César Pazos na Guarda.
A presentación terá lugar no Centro Cultural da Guarda ás 20:00h.
Sábado 8 de febreiro
Mondariz acollerá a obra «Boa sorte, Mala Fama» interpretada por Tarabela Creativa.
A función dará comezo ás 21:00h no Auditorio Municipal.
A Asociación Terra Grovii organiza unha exposiicón fotográfica da parroquia de Soutolobre, en Salvaterra de Miño.
A exposición poderá ser visitada no baixo da Casa Cultural de Soutolobre e permanecerá aberta o sábado de 17:00h a 20:00h e o domingo de 10:30h a 12:00h e de 17:00h a 20:00h.
Tamén en Salvaterra, terá lugar a proxección da película «Los tres mosqueteros: Milady«.
A sesión de cine dará comezo ás 22:00h na Casa Cultural de Salvaterra.
Ponteareas presenta un taller de danza para distintos grupos de idade.
Haberá tres grupos, para nenos e nenas de 3 a 10 anos, de 10 a 15 anos e para máis de 15 anos.
Ás 17:00h na Residencia Artistea na Praza Maior.
Tomiño celebrará a Gala do Deporte do Concello de Tomiño este sábado ás 20:30h.
Domingo 9 de febreiro
Salvaterra de Miño acollerá a proxección da película «Wish: el poder de los deseos» na Casa da Cultura.
A función comezará ás 17:00h.