jueves, febrero 6, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas lanza un novo recurso de promoción do comercio local

Ponteareas lanza un novo recurso de promoción do comercio local

O Concello de Ponteareas lanza un novo recurso de promoción do comercio local coincidindo coa campaña especial de San Valentín. A través da aplicación “Mercatea” os consumidores poderán atopar todas as campañas que o Concello ten marcha ao longo de todo o ano non só para promocionar os establecementos tamén para informar de concursos, sorteos, descontos e beneficios do comercio local dispoñibles para a cidadanía.

Deste xeito, o Concello de Ponteareas simplifica e concentra toda a información nun recurso útil e de acceso 24 horas os 365 días do ano. A través desta aplicación a cidadanía poderá acceder ao espazo “Mercatea” ao que tamén se poderá entrar a través do banner aloxado na páxina web e a través dos QR da cartelería colocada nos comercios locais. 

Ademais, o Concello informa que dende o día 8 ao día 17 de febreiro estará activa a campaña de San Valentín con sorteos e premios para toda a clientela do comercio de Ponteareas. As persoas que merquen no comercio local poderán acceder a través dun código QR ao espazo web “Mercatea” e participar no concurso de San Valentín rexistrando o seu ticket de compra.

600 rosas

Colaborar e unir forzas para acadar mellores resultados, esa é a liña de traballo que sigue a concellería de Comercio, segundo explica Ricardo González, “en cada campaña provocamos a interacción e a colaboración para que todos sexamos parte activa!. Nesta liña de traballo o Concello repartirá 600 rosas en colaboración coas floristerías locais.

Para esta campaña tamén se colocará o photocall “Os Namorados” diante da Casa do Concello con xogos nos que interactuar e gañar premios ao longo de toda a tarde do día 14 de febreiro. O Concello sorteará 3 ceas para 2 persoas.

O espazo diante da Casa do Concello estará adornado grazas á colaboración con Avelaíña Saúde Mental que nestes días traballa na confección de adornos especiais para celebrar o día de San Valentín.

“O comercio local de Ponteareas ten todo o que poidamos imaxinar para configurar un perfecto agasallo para o día 14 de febreiro, viaxes, ceas, coidados, roupa, produtos gastronómicos e un sinfín de propostas sen ter que saír da vila”, salienta a alcaldesa Nava Castro quen insiste na importancia de tecer unha rede de colaboración na que implicar a todos os sectores para a dinamización e fortalecemento do concello. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS