jueves, febrero 6, 2025
InicioNewsActualidadeO PP de Tomiño culpa ao goberno local das vagas de moscas...

O PP de Tomiño culpa ao goberno local das vagas de moscas no verán

O grupo municipal do partido popular de Tomiño vén de culpar ao goberno local das vagas de moscas e outros insectos que proliferan no concello durante as épocas de calor pola súa permisividade coas malas prácticas agrarias e a falta de solucións reais.

As acusacións dos populares xorden tras a aparición dun novo depósito de lodos residuais agrícolas na parroquia de Goián, sumado a outro de restos de produtos mariños e abonos orgánicos detectado recentemente en Estás.

Para o PP tomiñés a postura do goberno municipal “está quedando lamentablemente clara a prol destas malas prácticas e en contra da salubridade e do benestar dos cidadáns, posto que non abordan este grave problema con seriedade” segundo indicaba a voceira municipal Mónica Otero.

Finalmente, lamentaron que o goberno nacionalista «se excuse detrás dun suposto estudo da universidade e que apele constantemente á elaboración dun manual ou guía de boas prácticas cando xa hai tres editados».

Por todo elo, o PP de Tomiño anunciou a súa intención de levar este asunto ao próximo pleno co obxectivo de esixir ao goberno municipal que poña couto a aparición destes episodios para tratar de frear as vagas de moscas, “que tamén afectan a outros municipios da nosa contorna pero dun xeito máis limitado, xa que Tomiño é, por desgraza, a zona cero deste problema de salubridade en toda Galicia”, informaban os populares.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS