O alumnado do Colegio Lar de Mos vén de presentarse a un dos torneos de debate académico máis prestixioso do páis, o Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) organizado pola Fundación Barrié da Coruña.
O torneo, dirixido tanto a alumnado de ESO como Bacharelato, ten por obxectivo fomentar o desenvolvemento das habilidades argumentativas e o pensamento crítico dos mozos e mozas.
Durante o campionato, o alumnado estará dividido en dúas categorías, a primeira, para 1º, 2º e 3º da ESO e a segunda para 4º da ESO e Bacharelato. En ambas, alumnos e alumnas deberán posicionarse «a favor» ou «en contra» da pregunta plantexada, onde a postura será decidida por sorteo. Durante catro intervencións, os debatentes deberán mostrar as súas dotes de oración tras un traballo previo de investigación, argumentación e evidencias.
O Colegio Lar, que participa en ambas categorías, xa foi clasificado para a fase final tras as primeiras fases da competición.
Concretamente, na Segunda Categoría, o equipo formado por Noa Rosendo de 1º BAc e Adriana Cons, Stephabue Dávila, Alejandra Hinrichs e Noa Piñeiro de 2º BAC xunto coa súa preparadora Carmen Prados, postuláronse como favoritas, obtendo a máxima puntuación e o primeiro posto na clasificación.
Por outro lado, na Primeira Categoría o equipo conformado por Lucas Álvarez e Uxía Rodríguez de 2º ESO xunto a Victoria Pisón e Duarte Rendo de 3º ESO, acompañados pola súa preparadora Arancha Pérez, obtiveron a 8ª posición de entre os 16 clasificados para a final.
Ambos equipos competirán os días 6 e 7 de febreiro na Fase Final do torneo que se celebrará na Coruña.
Dende a dirección do Colegio Lar consideran que «estas actividades tan enriquecedoras abren as portas a un exitoso futuro tanto persoal como laboral» e aseguran que «o alumnado participante chegará moi lonxe gracias ao seu esforzo, e sobre todo, gracias á súa paixón polo debate e a oratoria».