O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou as obras de rehabilitación reforma integral do Bloque I dos Edificios Sinde de A Guarda acompañado polo alcalde e deputado responsable de Cooperación Transfronteiriza, Roberto Carrero. O mandatario provincial percorreu as obras que contan que dean como resultado un punto de encontro para distintas asociacións locais con mellores equipamentos e maior comodidade.
“Non hai moito tempo estabamos asinando o alcalde e máis eu o convenio de saída para poder executar este proxecto. Hoxe estamos nesta visita que é unha mostra do que facemos na Deputación, que é cumprir coa palabra. Cumprimos cando se executa unha obra que asinamos, cando colaboramos co Concello da Guarda para executar un proxecto destas características e cando poñemos a disposición da veciñanza instalacións e servizos para atender as súas necesidades”, afirmou o presidente da Deputación de Pontevedra.
A obra inclúe a redistribución dos espazos interiores de maneira que se reducen as grandes salas por novos espazos adecuados para acoller a actividade de novos colectivos. Aínda así, seguirán existindo salas diáfanas e multiusos de uso compartido, así como unha mellora completa das instalacións sanitarias. Por outro lado, no exterior do edificio estase a proceder á renovación das carpinterías e o cambio da cuberta para mellorar a eficiencia enerxética do edificio. Dende o concello agardan que as obras estean rematadas para os últimos trimestres deste ano, 2025.
Isto todo é posible grazas ao convenio de colaboración enmarcado no programa provincial PON2030. Con el, a Deputación de Pontevedra asumiu a financiación do 70 % do orzamento, uns 710.000 euros. Igualmente que o 30 % restante (328.000€), que o achega o ente provincial a través do Plan +Provincia. “Poñemos á disposición da veciñanza un edificio renovado, máis accesible, máis sustentable e máis confortable”, subliñou o presidente López.
“Para chegar a este punto hai un artífice”, recoñeceu o presidente o labor do rexedor, ao que felicitou “ polo traballo que está a realizar na Guarda”, así como no conxunta da provincia á fronte da área de Cooperación Transfronteiriza “á que lle está a dar un vuelco no impulso a proxectos útiles para este e o outro lado da raia”. Luis López resaltou a colaboración Deputación-Concello, sendo un proxecto 100% financiado pola Deputación a través do programa PON2030 e do Plan +Provincia.
Pola súa banda, o alcalde Roberto Carrero agradeceu a implicación da Deputación para facer realidade un proxecto que fará da Guarda “un referente na comarca do Baixo Miño”. Ademais, Carrero destacou a importancia desta “obra básica para o asociacionismo da Guarda”, xa que este novo espazo permitirá que as asociacións “teñan maior sinerxías entre elas”.
Unha colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello da Guarda que está garantida para este ano 2025, no que o Concello poderá recibir ata un total de 1,6 millóns de euros a través de programas de Cooperación como o +Provincia, do que lle corresponden 746.000 euros. Tamén, da segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, polo que recibirá 138.000 euros, ou do Plan Extra polo que poderá percibir ata un máximo de 700.000 euros.