Un home de Salvaterra vive un falso enamoramento e remata cunha estafa de 38.000 mil euros menos nas súas contas, segundo se pode observar na denuncia interposta ante a Garda Civil.
Así foi a historia que viviu un veciño de 81 anos en Salvaterra de Miño. O octoxenario, que vivía só no seu fogar, lanzouse a navegar pola rede en busca de amor e compañía e non tardou moito en chegar a primeira muller que dixo sentirse atraído por él.
A relación entre ambos a través da rede parecía funcionar, e rápidamente pasaron a conversacións telefónicas nas que ela lle declaraba abertamente o seu amor, segundo se pode ler na denuncia .
Tras as primeiras conversacións, a muller comezou a pedir datos privados do ancián, que lle facilitou fotografías do seu DNI así como as chaves de acceso online as súas dúas contas nos bancos Santander e BBVA.
Con todo, e non sendo suficiente debido aos protocolos de seguridade bancarios, a muller pediu ao denunciante que instalara no seu teléfono móvil a aplicación de control remoto Any Desk, coa que conseguiu ter acceso total a todas as contas bancarias do home.
Finalmente, a estafadora logrou enviarse a ela mesma oito transferencias por un valor total de 38.000 euros, momento no que rematou esta falsa historia de amor e o afectado interpuxo unha denuncia.