A parroquia de Fornelos da Ribeira, en Salvaterra de Miño, acollerá este venres 7 de febreiro un sorteo (coñecido popularmente como bingo) moi orixinal, xa que os premios consistirán, entre outros, en xoguetes eróticos en lugar da xa tradicional folla de bacallau.
Así o anuncia a Comisión de Festas de Fornelos da Ribeira 2025 nas súas redes sociais, onde adiantan algúns dos premios aos que poderán optar os e as participantes.
Durante a noite, serán un total de seis bingos os xogados e cada un deles contará con dúas liñas. Os premios dos bingos, segundo informan nas redes sociais da comisión, serán entradas para un balneario, entradas para un partido do RC Celta, cenas gourmet, noites de hotel e vales para almorzos e os premios das 12 liñas xogadas serán na súa totalidade, xoguetes eróticos.
O evento terá lugar no Centro Cultural Carballeira ás 22:30 horas e a entrada estará prohibida a menores de 18 anos.
![](https://www.siradio.gal/wp-content/uploads/2025/02/WhatsApp-Image-2025-02-05-at-12.55.34-725x1024.jpeg)