O Concello de Ourense convoca o concurso no que premiará as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile do Domingo de Entroido 2025, que percorrerá as rúas da cidade o día 2 de marzo.
Poderán participar aquelas asociacións veciñais, culturais ou xuvenís, grupos, colexios e outras agrupacións que o desexen, sempre que realicen a inscrición antes do día 24 de febreiro ás 14.00 horas.
Concurso e premios
O concurso repartirá premios de até 1.500 euros para a mellor comparsa e de até 1.000 euros para a mellor carroza. Este concurso dispón de varias categorías. Unha delas a de comparsas con máis de 10 compoñentes. Esta conta con catro premios, o primeiro de 1500 euros, o segundo con 1000 euros, o terceiro 800 euros e finalmente o cuarto premio no que se entregarán catro cuartos premios de 500 euros.
Outra categoría é a de comparsas con menos de 10 compoñentes, que entregará no primeiro premio 500 euros. Ademais, contará con premios especiais de comparsas, nos que se encontra a máis numerosa premiando neste caso con 500 euros. Ca mesma cantidade entregarase a comparsa máis enxeñosa.
Tamén, para as carrozas haberá outro premio de mellor deseño, execución e posta en escena cun importe de 1000 euros.
Tamén haberá axudas para todos os grupos participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio, ata un máximo de 14.200 €. No caso das carrozas, 200 euros para cada unha. No caso das comparsas de 5 a 9 compoñentes recibirán 100 € e de 10 a 29 compoñentes 200 €. As comparsas de 30 a 49 compoñentes daráselle 300 €. Por último, as de 50 compoñentes en adiante 400 €.
Bases e participación
As persoas interesadas poden consultar as bases e o modelo de inscrición na páxina web do Concello. Comparsas e carrozas poderán anotarse a través do Rexistro Xeral do Concello e, no caso de asociacións e entidades, a través da sede electrónica.