miércoles, febrero 5, 2025
InicioNewsComarcasLuz verde ao procolo da Cañiza con Zona Franca para crear o...

Luz verde ao procolo da Cañiza con Zona Franca para crear o parque empresarial do Vieiro

Na Sesión extraordinaria que se celebrará este xoves, o Pleno aprobará o Protocolo de colaboración entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello da Cañiza para establecer as bases sobre as que asentar a colaboración das dúas institucións para a implantación e o desenvolvemento do parque empresarial do Vieiro nunha superficie aproximada de 955.311 m2.

Para levar a cabo esta actuación, o Consorcio da Zona Franca promoverá ante a Xunta de Galicia a tramitación dun Proxecto de Interese Autonómico (PIA), solicitando que este proxecto sexa declarado de interese autonómico. Pola súa parte, o Concello coadxuvará co CZFV ante o órgano competente da Xunta de Galicia aportando toda a documentación necesaria para acadar esta declaración. 

Frear a despoboación

«Este proxecto nace da necesidade e aspiración do Goberno da Cañiza de obter e crear solo industrial mediante o desenvolvemento urbanístico para permitir que as empresas poidan asentarse axeitadamente, crear riqueza, postos de traballo e asociado a todo isto, fixar poboación na nosa zona», segundo explican desde a administración local.

A este respecto o alcalde, Luis Piña, sinalou esta mañá que “a necesidade de solo industrial é un dos freos ao crecemento económico”.

Neste eido leva traballando o Consorcio da Zona Franca dende o ano 1990, promocionando solo e infraestruturas empresariais co fin de favorecer o desenvolvemenro do tecido empresarial, «non soamente en Vigo, senón tamén na súa área de influencia«.

Incremento da demanda

O Concello da Cañiza explicou que «nos últimos tempos detectouse un incremento da demanda de solo empresarial no sur de Pontevedra». A carencia de solo dispoñible nesta área provocou á fuga de moitas empresas cara outras localizacións. A ubicación do Concello da Cañiza, preto de Portugal e equidistante de Vigo e Ourense, atravesado pola autovía das Rías Baixas, converte ao noso municipio nun enclave privilexiado para un posible parque empresarial e, neste sentido, o concello entende que dispón dunha posible localización excelente ó pe da devandita autovía, e cunha orografía relativamente plana se ben, a súa clasificación é, na maior parte do mesmo, urbanizable (non delimitado), seguido de rústico (de protección forestal e unha franxa, á carón da autovía das Rías Baixas, de protección de infraestruturas).

Segundo indicou o alcalde, o socialista Luis Piña, “somos conscientes da importancia e interese socioeconómico que a implantación dun ámbito de desenvolvemento industrial supoñería para o territorio e tamén somos conscientes de que esta implantación  superaría as posibilidades orzamentarias e de xestión do propio Concello”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS