A organización do Atlantic Pride confirma os primeiros artistas da 6º edición do festival. Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops son as artistas que encherán de cor e diversión cas súas voces que farán desfrutar a diversas xeracións. Cómpre lembrar que o Atlantic Pride celebrarase na Coruña do 6 ao 13 de xullo.
Merche poñerá a bailar ao público cas súas cancións entre as que se encontrará Abre tu mente nos Xardíns de Méndez Núñez o xoves 10 xullo. Ese mesmo día, Nia non defraudará aos seus fans co seu pop latino, melódico ou de vangarda, para presentar os temas do seu álbum Palosanto.
Xa ao día seguinte, venres 11, actuará Judeline, unha das figuras máis destacadas na neotradición musical actual co seu célebre pop experimental. O traballo desta artista ten referencias a estilos máis diversos, atopando o flamenco, o trap, o R&B ou o reguetón nos seus proxectos.
Ese mesmo día, actuará Paula Koops que é unha das promesas da nova onda pop española. Ela proporciona un son propio que lembra con nostalxia a unha fusión dos anos 2000 coas tendencias musicais actuais.
O sábado 12 de xullo, chegaralle a quenda a Edurne, que traerá consigo temas pegadizos de dance e pop de reminiscencias ‘dousmileiras’ do seu actual éxito Éxtasis ao eurovisivo Amanecer.
Tamén coñecido como «Orgullo do Norte«, o Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo. Naceu na cidade herculina no ano 2019 e está destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. O festival está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña, ORCO, o Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. Contan co patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.
Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebración aberto, seguro, diverso e para todos os públicos. Así, no festival non faltarán concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags e pinchadas de djs. Estes terán referencia da escena galega e a celebración do IV Certame Literario de Literatura LGTBI+, que na súa pasada edición rexistrou o seu récord de participación.