miércoles, febrero 5, 2025
InicioNewsActualidadeAbertas as inscricións para participar no entroido do Porriño

Abertas as inscricións para participar no entroido do Porriño

O Concello do Porriño vén de publicar as bases do desfile de comparsas nos que premia a participación para todas aquelas agrupacións integradas por un mínimo dunha ducia de persoas.

As inscricións xa están abertas e presentan dúas modalidades: a infantil, ata os 12 anos e adultos, de 13 anos en diante. As inscricións poderán presentarse ata o 14 de febreiro, de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello do Porriño.

Este ano a cantidade máxima destinada aos premios de participación fíxase en 18.000 euros, sendo así, 3.000 euros máis que no 2024. Os premios serán repartidos por rigurosa orde de inscripción e para poder recibir o premio as comparsas estarán obrigadas a participar nos tres desfiles que organiza o Concello, o sábado 1 de marzo, o martes 4 de marzo e o mércores 5 de marzo.

O importe de cada premio determinarase segundo o número de compoñentes da comparsa e que será de 300 euros para aquelas de 12 a 19 integrantes, 500 euros para as compostas por entre 20 e 39 persoas, 800 euros para as de 40 a 55 compoñentes, 1.000 euros para as de 56 a 85 integrantes e para aquelas de 86 compoñentes en adiante a contía entregada será de 1.200 euros. Ademais, aquelas comparsas que desexen participar no entroido fora de prazo poderán facelo, pero sen opción ao premio por participación.

“A publicación destas bases é o preámbulo dunha programación que presentaremos nos vindeiros días e que, de seguro, traerá moita diversión a nosa vila. Desfiles, espectáculos, talleres, música e moitas outras actividades pensadas, como sempre, para pequenos e maiores”, explica o concelleiro de Cultura e Festas, Bienvenido Estévez.

Na mesa liña amósase o alcalde Alejandro Lorenzo que, un ano máis, anima a toda a veciñanza “a saír a rúa e participar dunha das citas máis destacadas do calendario festivo do noso Concello que cada ano vai gañando forza e na cal combinamos os actos tradicionais con outros máis novidosos e que causen sorpresa, co obxectivo ofrecer un programa completo e diverso dirixidos aos diferentes público”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS