martes, febrero 4, 2025
InicioNewsActualidadeO Porriño pon en marcha un curso de saúde feminina para mulleres

O Porriño pon en marcha un curso de saúde feminina para mulleres

A Concellería de Igualdade do Porriño, dirixida por Carolina González, vén de anunciar a celebración dun curso de saúde femenina dirixido a todas as mulleres en xeral, e específicamente, a aquelas vítimas de violencia machista.

A formación impartirase os martes 18 e 25 de febreiro e 11 de marzo no Centro Cultural Municipal en horario de mañá, de 10:00h a 12:30h os dous primeiros días e prolongándose ata as 13:00h o último.

Dende a Concellería de Igualdade aseguran que «é necesario intervir directamente sobre os efectos que ten a violencia machista, mediante a posta en marcha de talleres e cursos formativos e informativos para enviarlles a mensaxe de que o seu coidado é premisa fundamental para traballar na mellora do seu crecemento persoal«.

As inscricións están abertas dende o día 4 ao 14 de febreiro mediante instancia xeral presentada por rexistro no Concello e as prazas son limitadas.

Para obter unha maior información desta actividade, que conta co financiamento da
Secretaría de Estado da Igualdade contra a violencia de xénero, é preciso contactar co CIM do Concello do Porriño no 986 33 50 00, extensión 0.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS