martes, febrero 4, 2025
InicioNewsActualidadeFin de semana de éxitos para o Club Natación Ponteareas

Fin de semana de éxitos para o Club Natación Ponteareas

A fin de semana do 1 e 2 de febreiro estivo cargada de competicións para as distintas categorías do Club Natación Ponteareas, con tres disputas diferentes. As competicións celebradas foron Campionato Galego Alevín de Inverno, o Campionato de España Open de Longa Distancia e o XV Meeting Internacional de Póvoa.

Por unha banda, o Campionato Galego Alevín de Inverno disputouse na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontevedra e contou coa participación de 23 clubs de toda Galicia.

O Club Natación Ponteareas acadou a décimo terceira posición, colleitando un total de 11 medallas. En concreto, 3 ouros, 5 pratas e 3 bronces.

Por outro lado, o Campionato de España Open de Longa Distancia celebrado na piscina do Parque del Oeste en Oviedo, contou coa participación do Club Natación Ponteareas representado por Alba Ortiz en categoría feminina, e por Lucas Leirós en masculina.

Durante a competición, os deportistas nadaron a proba de 5.000 metros libres, logrando Alba a sexta posición na categoría Senior 1 e Lucas o décimo segundo lugar na categoría Junior 1.

Por último, no municipio luso de Póvoa de Varzím, tivo lugar o XV Meeting Internacional de Póvoa, desputado na Piscina Municipal de Póvoa de Varzím.

O evento contou cun total de 463 nadadoras e nadadores procedentes de 42 clubs portugueses, italianos e españois. Tras dous días de competición, o Club Natación Ponteareas conseguiu acadar o quinto posto cun total de 347 puntos e sete medallas.

Dende a dirección do club felicitan a todos e todas as participantes «polo seu traballo e implicación» e aseguran que as participacións desta fin de semana «servirán de posta a punto para os nadadores e nadadoras que participen os días 8 e 9 de febreiro no Campionato Galego Junior e Copa Senior«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS