martes, febrero 4, 2025
InicioNewsConcellos +Charla informativa sobre acollemento familiar no centro cultural do Porriño

Charla informativa sobre acollemento familiar no centro cultural do Porriño

Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste exactamente o acollemento familiar? Desexas ter información sobre a protección de nenas e nenos en Galicia? Acude este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas, ao Centro Cultural Municipal do Porriño e terás tódalas repostas a esta preguntas.

O Concello do Porriño colabora na celebración dunha charla informativa sobre acollemento familiar do programa En Familia, promovido por cinco entidades de iniciativa social que traballan na protección dos menores. Así o obxectivo da charla é difundir a situación actual de moitos cativos, cativas, mozos, mozas e a forma na que poden ser acollidos temporalmente.

Para obter máis información poden visitar a páxina web en Familia ou chamar ao número de teléfono 634 240 914.

Concello do Porriño
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS