martes, febrero 4, 2025
InicioNewsConcellos +O Porriño adquire preto de mil metros cadrados para a humanización da...

O Porriño adquire preto de mil metros cadrados para a humanización da contorna do centro social

O Concello de Porriño vén de efectuar a compra de tres parcelas na contorna do centro social para completar o proxecto de humanización e creación dunha gran zona verde no centro urbano que unirá as rúas Pío XII e Antonio Palacios.

O alcalde Alejandro Lorenzo asinou cos propietarios os contratos de adquisición dos terreos por un importe total de 213.081 euros. A superficie que abranguen as tres parcelas suman 933,6 metros cadrados e serán claves para continuar as obras xa en marcha e que suporán a consecución deste gran espazo público. “Dende o Concello agradecemos a boa disposición dos propietarios para poñer á venda cadansúa parcela”, sinala o alcalde. “Una acción que beneficiará, sen dúbida, a toda a veciñanza do Porriño que, en breve, poderá desfrutar deste gran parque en pleno casco urbano”.

Máis mobilidade peonil e zonas verdes no centro urbano

Este proxecto consiste na creación dun gran espazo público pensado para dar prioridade á mobilidade peonil e máis importancia ás zonas verdes, ao tempo que se limita o paso de vehículos. Para conseguilo prevese a creación dun espazo continuo, accesible e verde, no que se habilitará a comunicación peonil entre ámbalas dúas rúas anteriormente mencionadas, crearanse novas zonas de convivencia baixo a sombra de diversas especies arbóreas, buscarase a apertura da contorna do centro social coa rúa e o parque e executarase a renovación integral da zona de ocio infantil con novos elementos de xogo para a cativada. Ao mesmo tempo, o firme da rúa Pío XII será renovado, xunto coas redes de servizos e dotarase dunha plataforma única que conecte coa nova zona verde; reducirase o tráfico rodado e tamén a velocidade de circulación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS