Tres persoas detidas en Pontevedra tras a colaboración da Xefatura do Servizo de Información da Garda Civil e o Servizo de Información da Comandancia de Pontevedra.
Os detidos, un español de orixe brasileiro de 32 anos, un marroquí de 28 anos e un español de orixe marroquí de 22 anos, están sendo investigados por presuntas actividades de difusión de contidos de apoloxía do terrorismo yihadista a través de distintas plataformas multimedia e redes sociais.
Segundo informa a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, «as mensaxes incluían consignas yihadistas e cantos relixiosos musulmáns con forte poder adoctrinador no ideario yihadista extremista á vez que tamén empleaban e difundían material multimedia oficial do Daes e transmitían mensaxes da rede oficial do Daes«. Ademais da distribución dos contidos, desenvolvían actividades de adestramento físico co fin de adestrar a persoas afíns ao Islam radical.
A investigación está sendo levada a cabo na Audiencia Nacional, e segundo informan fontes cercanas ao caso, «dos tres detidos, foi ingresado en prisión o cidadá brasileiro, quedando os outros dous en liberdade con cargos».