martes, febrero 4, 2025
InicioNewsO PaísAllariz abre o prazo para que os artistas se inscriban na Semana...

Allariz abre o prazo para que os artistas se inscriban na Semana Santa ao vivo

A Área de Promoción Económica do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para artistas que desexen participar no programa cultural da Semana Santa ao Vivo 2025. Tal e como indican desde a adminsitración local, o municipio «recibe miles de turistas durante as vacacións de Semana Santa, polo que, dende hai anos, o Concello organiza unha proposta cultural que conxuga arte, tradición e cultura».

Esta programación ten lugar desde o día 17 de abril ata o próximo 20 do mesmo mes de 2025. Durante estes tres días, as rúas do casco histórico de Allariz acollerán artistas de diferentes estilos musicais para amenizar o paseo de veciños, veciñas e visitantes.

Este proxecto cultural abrangue «sobre todo música nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras».

O prazo de inscrición para artistas estará aberto dende o 3 de febreiro ata o 3 de marzo ás 14:00 horas. A inscrición deberá realizarse por rexistro na Sede Electrónica do Concello de Allariz ou de maneira presencial nas dependencias municipais dando rexistro a súa inscrición. A través do correo electrónico dinamizacioneconomica@allariz.gal deberase remitir o xustificante de rexistro máis o formulario de inscrición anexo e material gráfico e audiovisual do participante. A selección será comunicada ás persoas inscritas a través de correo electrónico o día 11 de marzo de 2025.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS