martes, febrero 4, 2025
InicioNewsA terraAlfonso Rueda destaca o gran potencial das enerxías renovables en Galicia

Alfonso Rueda destaca o gran potencial das enerxías renovables en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou o potencial co que conta Galicia á hora de producir enerxías renovables e aposta por aproveitalo dun xeito sustentable.

Durante a visita á central hidroeléctrica que Iberdrola ten en funcionamento en Vilamartín de Valdeorras, en activo desde 1969, Alfonso Rueda apuntou que Galicia leva moito tempo traballando pola transición verde “con sentidiño”, dun xeito sustentable.

Para o presidente, este é o camiño a seguir, “da man das empresas” e dos concellos, co fin de constatar os beneficios económicos e sociais da produción enerxética grazas a proxectos respectuosos co medio ambiente que xeran emprego e axudan a vertebrar o territorio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS