viernes, enero 31, 2025
InicioNewsActualidadeRuta de petiscos en Mondariz Balneario para dar a coñecer a gastronomía...

Ruta de petiscos en Mondariz Balneario para dar a coñecer a gastronomía da vila

O Concello de Mondariz-Balneario, xunto ao sector hosteleiro do municipio, organiza unha ruta gastronómica de degustación de petiscos co fin de promocionar turísticamente o municipio e dar a coñecer os establecementos hostaleiros da zona.

Deste xeito, durante a fin de semana do 6 ao 8 de febreiro, os locais gastronómicos da vila ofrecerán os seus petiscos a un prezo de 2,5 euros ou de 5 euros se vai acompañado de viño.

Balneario de Mondariz, Regato de Valcedide, Mixturas, Atalaya, Boas Migas, Yago’s e Hotel Cemar serán os locais participantes nesta ruta e os encargados de promocionar a gastronomía do municipio a través das súas preparacións.

Ademais, Adegas Galegas será o patrocinador desta mosta e o viño da edición será Don Pedro Soutomaior Neve Carbónica e Pizarras de Otero.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS