A Estación de Montaña de Manzaneda, a única no territorio galego, abre por primeira vez case a totalidade das súas pistas de esquí nesta tempada invernal 2024/2025 cun total de 14,5 quilómetros esquiables.
Segundo informa o parte de neve publicado pola Estación, Manzaneda conta a día de hoxe con 19 pistas e 4 remontes abertos.
A calidade da neve é de polvo-dura e o espesor da mesma sitúase entre 25 e 90 centímetros. Ademais, agárdase que a meteoroloxía se manteña entre nubes e claros.
Dende a organización, «agradecen a todo o equipo o traballo realizado para poder abrir as pistas esta fin de semana» e aseguran que «seu esforzo e compromiso son os que fan que cada día podamos mellorar».