viernes, enero 31, 2025
InicioNewsComarcasZona Franca da luz verde al proxecto das novas naves modulares na...

Zona Franca da luz verde al proxecto das novas naves modulares na PLISAN

O Comité Executivo da Zona Franca de Vigo deu o visto e prace á contratación da redacción do anteproxecto, proxecto básico, proxecto de execución e dirección para a construción das novas naves modulares que o Consorcio construirá na Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISÁN). O obxectivo é seguir respondendo as demandas de chan industrial das empresas e contribuír tamén ao crecemento e consolidación do Polígono.

O pleno da Zona Franca xa acordara a compra na PLISAN das cotas da Autoridade Portuaria e da Xunta de Galicia en 9 parcelas das zonas LLE-1 e LLE-2. Esta adquisición supoñerá unha superficie de preto de 42.000 m2 que o Consorcio dispoñerá agora como espazo propio no Polígono para a construción das naves industriais ou loxísticas, que serán comercializadas para as empresas mediante a fórmula de alugueiro. Este novo chan industrial unirase aos case 90.000 m2 de superficie de naves que a Zona Franca ten en Bouzas, Balaídos, A Granxa, PTL e Porto do Molle e que están ocupados ao 100%.

O delegado do Estado, David Regades, sinalou que con esta aprobación “o Consorcio cumpre cun dos seus obxectivos prioritarios que é seguir facilitando chan ao tecido empresarial, o que se traduce en implantación de novas empresas que xerarán riqueza e crearán emprego”. O delegado informou que o proceso de redacción dos proxectos, que sairá a licitación cun orzamento basee de 1.290.022€ (+IVE), prolongarase por espazo de 6 meses. “Estimamos que as obras das nosas naves na PLISÁN poderían comezar no segundo semestre do ano”.

Por outra banda, o Comité Executivo de Zona Franca aprobou a firma dun convenio coa Fundación MARCO para establecer a colaboración entre ambas as entidades, centrada no asesoramento, estudo e detección de obras de arte por parte da institución museística para a súa adquisición polo CZFV, ademais de realizar actividades conxuntas e colaborar en proxectos culturais.

O Consorcio, como organismo do Estado, destina nos contratos de obras públicas unha partida dun 2% ao patrimonio cultural e ao fomento da creatividade artística. Con este acordo co MARCO, a Zona Franca asegúrase a máxima calidade na adquisición ou incorporación de bens ao seu patrimonio artístico, ao poder contar coa participación e os informes dos profesionais da Fundación.

O convenio, que se propón cunha vixencia de 4 anos, establecerá o marco xeral e as bases da colaboración entre a Fundación MARCO e o Consorcio para a localización, identificación e asesoramento na adquisición de obra artística, a súa valoración económica, as medidas de conservación, así como a restauración que, no seu caso poida chegar a precisar, participando como unha comisión asesora nas adquisicións de patrimonio artístico da Zona Franca de Vigo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS