jueves, enero 30, 2025
InicioNewsActualidadeVeciñanza, DefendeMos e corporación municipal presentes no debate pola nova A-52 do...

Veciñanza, DefendeMos e corporación municipal presentes no debate pola nova A-52 do Parlamento de Galicia

O debate sobre o novo trazado da autoestrada A-52 chega ao Parlamento de Galicia. Así é, o pleno do Parlamento de Galicia vén de abordar na sesión do 29 de xaneiro unha proposición non de Lei sobre a nova A-52 defendida pola concelleira mosense e deputada autonómica, Felisa Rodríguez.

Durante o pleno, estiveron presentes preto de 200 veciños e veciñas de Mos, integrantes da plataforma DefendeMos, a corporación municipal de Mos e a alcaldesa, Nidia Arévalo. Tamén asistiron veciños e veciñas da parroquia viguesa de Bembrive.

A Proposición non de Lei defendida no pleno solicitaba tres puntos chave: demandar a transferencia da AP-9 a Galicia liberando o tramo entre Vigo e Porriño; novas alternativas ao trazado da autovía das Rías Baixas pola súa gran afección buscando unha solución a longo prazo e abrir un período de interlocución entre todas as administracións afectadas.

A proposta foi aprobada cun total de 63 votos a favor, 9 en contra e unha abstención. Rodríguez defendeu durante a súa exposición que «a solución máis sinxela, rápida, eficar e máis económica é a liberación da peaxe da AP-9 entre Puxeiros e Porriño, que ten todas as conexións posibles para canalizar por distintos accesos a entrada á cidade de Vigo e a todos os polígonos industriais, zonas portuarias ou ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro».

Os asistentes e afectados consideran esta acción «como un importante paso máis de cara a levar a reivindicación colectiva de Mos a todos os lugares nos que poida ser escoitada».

Do mesmo xeito, este próximo venres 31 de xaneiro pola mañá, debaterase este mesmo asunto na Deputación Provincial de Pontevedra e ás 19:00h haberá un Pleno Extraordinario con posterior concentración cidadá no Concello de Mos.

    مقالات ذات صلة

    OUTRAS NOVAS